Nas dúas últimas décadas, o sector téxtil galego consolidouse como un dos principais motores económicos de Galicia. Na década dos 80 producíuse o recoñecemento como sector prioritario para a economía de Galicia, non só cuantitativamente, senon en termos de prestixio, imaxe e valores de modernidade. Baixo o slogan “Moda Galega”, un grupo de empresas líderes fixeron naqueles anos da calidade, o deseño e a marca a súa principal bandeira. Produtos de alto valor engadido e firmas de gran prestigio internacional, como singulares señas de identidade.
Neste contexto, no ano 1991 constituíuse a Asociación Téxtil de Galicia, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de actividades que contribúan a unha maior vertebración e competitividade do sector téxtil galego, mediante servizos horizontais dirixidos a todas as empresas asociadas.
ATEXGA, conta cun total de 40 empresas asociadas -entre as que se atopan algunhas das máis importantes marcas da moda galega e compañías filiais- que agrupan a máis de 5.000 traballadores directos no ano 2007, e unha facturación próxima aos 450 millóns de euros.